Serigrafía Eo | Serigrafía tradicional desde 1990 en Ribadeo, Lugo
15234
home,page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-15234,theme-bridge,bridge-core-3.1.6,woocommerce-no-js,translatepress-gl_ES,woolentor_current_theme_bridge,qode-page-transition-enabled,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode-overridden-elementors-fonts,qode-smooth-scroll-enabled,columns-3,qode-product-single-tabs-on-bottom,qode-theme-ver-30.8.2,qode-theme-bridge,disabled_footer_bottom,woolentor-empty-cart,wpb-js-composer js-comp-ver-7.5,vc_responsive,elementor-default,elementor-kit-12,elementor-page elementor-page-15234

SERIGRAFÍA TRADICIONAL DESDE 1990

Na Serigrafía Eo somos especialistas en serigrafía tradicional. Levamos desde 1990 adicándonos ás artes gráficas, empregando diversas técnicas coma a serigrafía, tampografía, sublimación... Coma expertos en gran cantidade de métodos de personalización, podemos afrontar calquer necesidade que teñan os nosos clientes.

 

Ao longo da nosa traxectoria fomos adaptandonos aos novos tempos empregando as últimas tecnoloxías, pero á vez soubemos darlle o valor que merecen os procedementos tradicionais e artesanais.

Serigrafia EO nace en Ribadeo no ano 1990 da man de Suso.

Durante moitos anos, foi a única empresa de personalización da zona.

Aos 18 anos, únese Óscar, onde asumiu o departamento de deseño e anos máis tarde, a última incorporación: Lucía, que levará o departamento comercial e ventas.

Serigrafía tradicional e impresión dixital. Todo tipo de regalo publicitario para calquer evento, empresa ou asociación, con asesoramento personalizado, fan da nosa empresa unha das máis antigas do mercado no sector das artes gráficas, con 31 anos de experiencia ao seu servizo.

SERIGRAFÍA TEXTIL

Se hai algo que nos define é a nosa boa man estampando sobre calqueira clase de tela. Somos especialistas en plasmar as túas ideas en prendas de calquer tipo. Facemos traballos precisos, moi resistentes aos lavados e cunha relación calidade-prezo inmellorábel.

Camisetas personalizadas

Serigrafiamos camisetas para calquer ocasión. Xa sexa para o día da nai ou do pai, un cumpreanos ou unha festa popular, conseguiremos o mellor resultado a un prezo moi competitivo. ¿Tes unha marca? Ponte en contacto connosco e asesorarémoste.

Suadoiros Serigrafiados

Personalizamos suadoiros con ou sen capucha para peñas, empresas, asociacións... Plasmamos as túas ideas para que consigas os mellores resultados nas túas prendas. Non dubides en consultarnos para que poidamos axudarche a sacar o mellor resultado ao teu deseño.

Bolsas de tela orixinais

Son o agasallo perfecto para dar a coñecer a túa empresa, xa que podes personalizala co teu logotipo, incluír as túas redes sociais... Ademáis, axudarás a mellorar o medio ambiente, porque son o mellor sustituto ás bolsas de plástico. Pídenos información sen compromiso.

Servizos

O noso principal obxectivo é ofrecerche as mellores alternativas para que poidas lograr as personalizacións que procuras.

Non tódalas técnicas son válidas para según qué obxecto, material ou boceto.

Somos expertos en artes gráficas e informarémoste sobre as posibilidades que máis se adapten ás tuas necesidades.

SERIGRAFÍA TEXTIL

Levamos máis de 30 anos estampando camisetas, suadoiros, bolsas de tela ou gorras entre moitos outros tipos de productos textiles. Xunto ás técnicas máis modernas, empregamos métodos tradicionais para conseguir a máxima calidade no resultado final.

ASESORAMENTO

¿Estas pensando en crear unha marca? ¿Vas lanzar unha nova colección de prendas? Axudámosche a escoller os materiais, acabados, técnicas... Todo o preciso para que obteñas o resultado que procurabas.

IMPRENTA

Cartóns de visita, flyers, carteis, carpetas... Personalizamos acorde á túa imaxe corporativa, todo tipo de produtos de papelería e material de comunicación que precisas para a túa empresa.

REGALO PUBLICITARIO

Os agasallos corporativos seguen a ser unha gran forma de estreitar lazos cos nosos clientes e de darnos a coñecer. Contamos cunha gran variedade de artigos personalizábeis, moitos deles fabricados con materiais sostibles, para aportar un valor engadido á túa empresa.

O noso taller de serigrafía tradicional atópase en Vilaselán, Ribadeo (Lugo). Dende esta pequena vila do noreste de Galicia, traballamos con clientes de toda a comunidade, ademáis dos nosos veciños de Asturias.

 

Estamos moi orgullosos da nosa orixe e do entorno que nos rodea, ¡tanto que o levamos incorporado no noso nome! O río Eo quizáis sexa o elemento máis emblemático da nosa rexión e contribuíu notablemente ao desenrolo da nosa zona.

 

Tamén quixemos incorporar outro símbolo natural representativo na nosa imaxe corporativa. O carballo é a árbore máis icónica de Galicia e incorporamos á súa folla ao noso logotipo. Desta maneira, queremos amosar que pretendemos ser cada vez máis responsables, sostibles e concienciados co medio ambiente. Se queres saber máis sobre o cambio de marca que realizamos, visita o noso blog.

ALGÚNS DOS NOSOS TRABALLOS

A pasión polo que facemos permítenos garatizar que os resultados sexan os mellores posibles,

permitíndonos que a satisfacción dos nosos clientes sexa a nosa máxima prioridade.

¿POR QUÉ TRABALLAR CON SERIGRAFÍA EO?

Os nosos métodos e capacidade de adaptación, brindaranche os resultados que precisas,

axustándonos ao teu presuposto e ao prazo de entrega acordado

A mellor relación calidade-prezo

Prazos de entrega axustados

Asesoramento Experto

¡Resultados incríbles!

Contacta connosco e pídenos presuposto
gl_ES