Presentámosvos a nosa nova imaxe de marca
16385
post-template-default,single,single-post,postid-16385,single-format-standard,theme-bridge,bridge-core-3.1.6,woocommerce-no-js,translatepress-gl_ES,woolentor_current_theme_bridge,qode-page-transition-enabled,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-overridden-elementors-fonts,qode-smooth-scroll-enabled,columns-3,qode-product-single-tabs-on-bottom,qode-theme-ver-30.8.2,qode-theme-bridge,disabled_footer_bottom,woolentor-empty-cart,wpb-js-composer js-comp-ver-7.5,vc_responsive,elementor-default,elementor-kit-12,elementor-page elementor-page-16385

Presentámosvos a nosa nova imaxe de marca

Presentámosvos a nosa nova imaxe de marca

Na Serigrafía Eo estamos moi ledos de contar cunha nova imaxe de marca, pensamos que nos identifica mellor e que poderemos estar máis preto dos nosos clientes. Polo tanto, a continuación presentámosvos o novo logotipo, e para que podades entendelo, saber o que significa e cómo queremos mostrarnos a partir de agora, compartimos os motivos do cambio : ) 

¡Esperamos que vos guste!

A intención é manter a tradición coa que traballamos desde sempre, pero actualizándonos día a día, que saibades máis sobre Serigrafía EO e coñezades realmente cómo somos: unha empresa que aposta polo uso dos métodos tradicionais, pero que á súa vez traballa coas tecnoloxías máis innovadoras e se preocupa por protexer o medio ambiente.

Tendo en conta estos valores, deseñamos un novo logotipo cos seguintes conceptos:

  • A tipografía escollida fai referencia aos procesos artesanais empregados no degradado, como se pode apreciar en cada letra, en honra á serigrafía e ás artes gráficas:
  • Como icona que nos represente visualmente, integramos no logo a folla de carballo, xa que é símbolo cultural, natural, etnográfico, histórico e artístico de Galicia, especialmente da provincia de Lugo onde nacimos.

Ademáis, mediante esta folla de carballo, recordamos as miles e miles de follas de papel que utilizamos para realizar os nosos traballos de serigrafía e impresión en cartelería. Actualmente intentamos reducir o seu uso todo o posible e transformamos tódolos bocetos e deseños en documentos con formatos online e imaxes PDF, unha forma de demostrar o interés pola sostibilidade, a aposta pola ecoloxía ao empregar tintas biodegradábeis e o desexo de manter vivos os sentimentos que nos conectan coa nosa orixe e contorna.

  • As cores que escollemos para esta icona son tres: verde, amarelo e marrón, simulando as distintas etapas ou estacións polas que pasan ano a ano as follas do carballo: desde que brotan na primavera e permanecen verdes durante todod o verán, ata que adquiren a cor amarelenta en pleno outono e acaban por caer coa chegada do inverno, transformándose nunha cor marrón escura, como a terra na que se integran ata desaparecer e da que volve a surxir a natureza.
  • O nome que nos acompañou durante tanto tempo: "Serigrafía EO", como non pode ser doutra forma, continuará connosco, xa que desde o primeiro momento a serigrafía, é a nosa actividade principal e queremos seguir destacándoa.

Tamén mantemos a referencia ao río Eo, que nace na localidade de Fonteo, en Baleira (Lugo) e discorre entre os bosques autóctonos de carballos mellor conservados de Galicia. No EO caen as súas follas, que a corrente transporta durante 99 km ata a súa desembocadura na Ría de Ribadeo, no mar Cantábrico. Sendo Ribadeo, a vila de procedencia e dónde estamos.

Coa unificación de todos estes elementos, conseguimos un logotipo máis visual e actual, á vez que innovador, cun toque tradicional que nos diferenza e nos representa á perfección, e que ademáis aporta un valor engadido que nos define totalmente.

Ao utilizar esas tres tonalidades distintas de cor de folla de carballo, cambiamos e eriquecémonos de imaxinación para prestar os mellores servizos, contar cos produtos máis novedosos e adaptarnos ás vosas necesidades, os nosos clientes.

Desta forma, a partir de agora, podemos contar con diferentes versións e formatos comerciais que utilizaremos para distinguir, por exemplo, varias liñas de negocio, e por que non... transmitir o noso obxectivo de seguir presentes no cambiante mercado, e ganas de satisfacer a todos os clientes.

Este é o resultado:

E agora que entendedes os motivos, ogallá vos guste tanto coma a nós

  • Eslogan: para completar a nova imaxe comporativa, incorporamos unha frase que tamén nos representa: "Tradición e innovación desde 1990".

Este eslogan, fai referencia aos máis de 30 anos que levamos traballando no sector, mellorando cada día, consolidándonos e crecendo; combinando as metodoloxías máis novedosas coas esixencias actuais de calidade, adaptadas aos medios artesanais de sempre, nas que somos especialistas e con os que conseguimos tan bos resultados.

Para culminar o proceso de renovación da nosa marca, preparamos, tamén acorde a este cambio, unha nova páxina web, na que poderedes atopar toda a información que precisades sobre nós, os nosos servizos e produtos, destacando a "serigrafía tradicional" onde somos pioneiros e unha nova liña de "camisetas de marca propia" que aproveitamos a presentar.

Ademáis, atoparedes desde unha explicación das técnicas que empregamos, ata detalles de deseño e personalización de artículos, e algúns traballos destacados que realizamos con gran adicación e esmero.

Podedes visitarnos en www.serigrafiaeo.com e seguirnos nas nosas redes sociais: Facebook e Instagram.

Sen Comentarios

Deixa un comentario
Contacta connosco e pídenos presuposto
gl_ES